Rozando nas Tic

Vídeo

  • Vimeo: é un servizo de almacenamento de vídeos para compartir con toda a comunidade de internautas. Esta aplicación permite comentar os vídeos, incluílos nunha relación de favoritos e seren integrados nos blogues. Para subir vídeos a Vimeo.com abonda con rexistrarse.

Titorial de Vimeo

Tutorial VIMEO from Eduardo Escalante on Vimeo.

  • Vodpod: sitio que permite crear un arquivo de vídeos favoritos (tomados de Youtube, Google Videos ou outros contedores). Con Vodpod podemos insertar un expositor de vídeos no lateral do noso blogue ou insertalo nas entradas a través dun “botón” que se instala nas “Ferramentas” do navegador web do noso ordenador. Tamén permite capturar presentacións e documentos, non só vídeos.

Titorial en Zoho Writer de Xano Cebreiro para o wiki ferramentasweb.

Vodpod é un servizo de colección e captura de vídeos, infografías, presentacións, etc. dispostas na rede para crearmos canles que logo podemos amosar no noso sitio web e mais para inserirmos directamente eses materiais no noso blogue. É especialmente útil se este está creado en wordpress, posto que supón practicamente o único xeito de integrar (e non simplemente ligar, aínda que sexa con imaxe) os resultados de moitos servizos da rede. Polo tanto, serve para recompilar e presentar de xeito atractivo material multimedia existente, creado por nós ou por outros usuarios en diversas aplicacións web; non se trata dun espazo de edición nin de aloxamento.

Que permite recoller?

  • material xa incorporado ao Vodpod por outra xente,
  • material localizado/confeccionado na rede que inserimos por medio do seu código html,
  • vídeos e outras creacións capturados grazas á extensión de Firefox ou botón Vodpod ().
Que permite realizar?
  • concentrar e poñer á nosa disposición organizados nunha orde determinada diferentes artefactos multimedia que nós creamos con diversas aplicacións da web 2.0 ou que localizamos e queremos recoller; estes poden ser presentados nos nosos sitios na rede a través dun widget do propio Vodpod (cuxo código acepta o widget Texto de Blogaliza) ou dun correspondente presente en WordPress.
  • integrar (embedar ou embeber) ese mesmo material en anotacións do noso blogue de xeito sinxelo.

Os principais pasos a seguir son os seguintes:

1. Entramos en Vodpod e prememos en Sign Up Now para crear a nosa conta.

Cubrimos os datos solicitados, claro, e dámoslle ao botón.

2. Abrimos o noso sitio Vodpod.


Alí atoparemos todas estas funcionalidades:


3. Incorporamos os vídeos, presentacións, etc. que necesitemos colando o seu código embed ou html. Botaremos man de search se nos interesan materiais xa incluídos en Vodpod por outros usuarios.


Daquela, mostrarásenos unha pantalla que posibilita salvar o vídeo, slideshow… na nosa canle de Vodpod ou colocalo nun artigo de blogue (ademais doutros espazos). Se preferimos a primeira opción:

Se é a segunda, seguiremos este proceso:

a)

b)

Mais, todo o anterior pode realizarse sen acudir directamente ao sitio de Vodpod se o Mozilla Firefox é o noso navegador (cousa recomendábel). Ademais, non sempre é posíbel acceder ao código embed dos materiais que nos interesan (caso das infografías, por exemplo). Nese caso, instalamos a extensión de Vodpod (botón Share video) para realizar capturas. Chegaremos a esta páxina:

que nos permitirá facer a instalación:

Unha vez rematada esta, teremos no navegador o botón preciso para premer cando teñamos aberta unha páxina con material de interese.

Se non fixemos antes o rexistro en Vodpod, requirirásenos facelo. E xa podemos comezar a capturar. Se a páxina aberta inclúe varios elementos capturábeis, estes mostraranse en serie numerada:

O procedemento a seguir é idéntico ao presentado antes.
Algúns exemplos dos resultados poden verse nas anotacións Imaxes (e outras) e mais na barra lateral desta proba.
Tamén pode ser aproveitábel a axuda de Vodpod.

WordPress dispón dun widget específico (Vodpod Videos) que é quen de mostrar ata cinco elementos (vídeos, diaporamas…) na barra lateral. Configuramos este widget poñendo o nome do noso pod (da canle na que previamente fomos inserindo os materiais) e escollendo un estilo -como floating- que inclúa “5 vídeos”.
Blogaliza acepta no widget Texto o código do widget propio de Vodpod, de xeito que poderemos recoller na barra lateral todos os elementos que teñamos nunha canle.


  • Aula LGL

  • Aplicacións

  • Recursos

  • Planetas