Rozando nas Tic

Audio

PODCAST

1.- Podcast na aula de lingua e literatura

Como podcasting coñécese a distribución de arquivos multimedia, de son ou vídeo, mediante canles RSS que permita que os usuarios da rede se subscriban ao servizo (iTunes, Blip.tv, PodOmatic, Big Contact…) e escoiten os arquivos en liña ou mesmo os descarguen para seren escoitados no seu computador ou nutros soportes portátiles de reprodución, tal e como se observa no seguinte esquema:

Para elaborar un podcast precisamos dar estes sinxelos pasos:

  1. Gravar  o arquivo de audio empregando un micro ou unha gravadora e un programa de edición como Audacity (ver máis abaixo).
  2. Exportar o audio e editalo como arquivo mp3, ogg, etc.
  3. Subir o arquivo a un servizo web de podcast, onde se pode escoitar e descargar e que xera un código que logo se poida embeber en calquera blogue ou noutro sitio web.

O potencial educativo dos podcast é moi alto na aprendizaxe de idioma e no traballo da oralidadepois permite elaborar numerosos materiais como gravacións de monólogos, debates, recitados, explicacións da materia, audicións comentadas, audioguías, simulación de conversas, programas de radio, recolla de tradición oral, entrevistas, etc. para o seu posterior uso de alumnos e docentes. As seguintes  presentacións, ambas da autoría de Luciano Fdez., achégannos a utilidade desta ferramenta para o seu aproveitamento na área de lingua e literatura e  o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.

2.- O programa de edición: Audacity

Audacity é un programa multiplataforma libre e de código aberto que se usa para gravar e editar sons.Permite gravar en tempo real e editar arquivos en diferentes formatos de audio (mp3, wav, ogg Vorbis, etc.), converter arquivos entre diferentes formatos, importar arquivos, agregar múltiples efectos sonoros, facer mesturas, etc.

Para exportar os arquivos en formato mp3 precísase o codificador LAME, descargábel neste sitio.

Audacity ofrece a configuración en lingua galega e, así mesmo, unha versión portábel que non precisa ser instalada no computador posto que funciona dende unha memoria USB.

Temos á nosa disposición manuais en lingua galega, tanto en pdf (Rosa Quinteiro Rendo) e en vídeo (Xacobo de Toro).

3.- O servizo web de podcast

Podomatic

Podomatic é unha ferramenta web para crear podcast en liña. Permite subir un arquivo de audio ou gravalo directamente no mesmo sitio web, mesmo acompañándoo dun vídeo que gravemos a través da webcam. Os arquivos que ficarán aloxados nunha páxina persoal e o “podcast-blog”permite acompañar cada entrada de audio con texto, imaxes, ligazóns… Para comezar, manuais aquí e aquí, en vídeo e en Issuu.

Exemplo:

A fume de carozo (programa de radio do ENDL do Colexio Calasanz da Coruña)


Big Contact

Radio Tabarra (Podcast do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal)

ALGÚNS REPOSITORIOS DE
AUDIO

  • GoEar: fálase do Youtube dos documentos, o Youtube das presentacións… chegoulle a quenda agora ao Youtube da música. De aspecto bastante austero, esta ferramenta permite subir e compartir arquivos MP3 dun modo sinxelo. Tamén permite integrar as pistas de audio no blogue copiando, coma sempre, o seu código, aínda que con WordPress cómpre facer algunha trampa.

– Titorial de GoEar en documento word aloxado en Scribd.

Titorial de GoEar

  • Deezer: espazo moi popular na rede que permite escoitar en liña todo tipo de músicas de balde e legalmente. Aloxa maís de 2 millóns e medio de temas e millóns de listaxes de reprodución que configuran os ususarios. Ademais, permite rexistrarnos para subir cancións mp3 dende o noso ordenador e facer deste modo un espazo propio no sitio. Así mesmo, podemos bloguear a nosa listaxe de reprodución.
  • Titorial de Deezer en presentación de Slideshare.net.

    • Snips: reprodutor de audio que permite aloxar arquivos mp3 até un máximo de 5 xigas e ofrece varios servizos para os blogues como colgar unha playlist ou pistas de audio soltas (non necesariamente de música) xerando un widget con código. Tamén permite facer slides con imaxes, textos, animacións e sons, ademais de gravacións propias.

    Titorial de Snips en vídeo (en español).

    • Aula LGL

    • Aplicacións

    • Recursos

    • Planetas