Rozando nas Tic

Práctica Goanimate

Uff

Microrrelato de Séchu Sende

Entrou na cafetaria, prendeu-se naqueles olhos, asombrou-se e soubo que atopara algo…, fixo uf e começou a…, mirou-na outra vez, e começou a ama-la, a quere-la, pensou e sentou á mesa mais achegada á cafeteira e sentiu, uf, que comezava a…

-Ola, dixo ela, que queres? -Quero… macela. Ao dia seguinte entrou á mesma hora e ela seguia ali e sentiu que, uf, que a queria, en sério, pensou. -Ola, dixo ela, que queres? -Quero… tila. Ao terceiro dia continuava querendo-a e começou a imaginar e a necesitar, ao mesmo tempo, que ela estava, que ela estivesse, começando a sentir isso tamém, uf. -Ola, que queres? -Quero… menta. Ao cuarto dia sentiu que já nom podia mais, que tinha que dicer-lho. Tenho que dicer-lho, pensou, uf. -Ola, que queres?, dixo ela. -Quero… te, dixo el. Ela abriu os olhos preguntando Como? e el dixo outra vez em baixinho Quero…te. E dixo Quero…te ao dia seguinte e Quero te ao seguinte e ao terceiro dia tamén dixo Quero te e entón ela dixo-lhe cos olhos Eu tamém.

Exemplo en Stripgenerator (en setemaisún blogue de disversificación do IES Chao Piñeiro de Forcarei)

Exemplos en Tondoo (en Fala Londres, blogue de LG do I. Cañada Blanch)


  • Aula LGL

  • Aplicacións

  • Recursos

  • Planetas