Rozando nas Tic

Narracións dixitais

Goanimate

Aplicación que permite crear animacións de banda deseñada mediante flash. O usuario pode escoller fondos,  personaxes en movemento e obxectos, trazar unha secuencia narrativa e mesmo pasar as ideas a un guión.  O abano de posibilidades que ofrece é alta e permite incluír música, efectos sonoros, voces en off, efectos de pantalla, subtítulos e mesmo zoom. Ofrece diferentes tipografías, tamaños de letra e globos diversos para os textos. Así mesmo, permite introducir imaxes dende outras aplicacións como Flickr.

É gratuíto e as animacións pódense incrutar en sitios web, enviar por correo e mover nas redes sociais. Ofrece interface en castelán e portugués.

Titoriais

Na propia ferramenta atopamos este manual en castelán e dispoñermos tamén dun titorial en portugués en Issuu.

Exemplos

GoAnimate.com: Laurentiino’s Animation by Laurentiino

GoAnimate.com: Platero y Yo by Brainner

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It’s free and fun!


GoAnimate.com: Traballo sobre Otto von Bismarck by savichuelik7

GoAnimate.com: O mestre by littleforest

GoAnimate.com: Imperialismo by Davidlojo

  • Aula LGL

  • Aplicacións

  • Recursos

  • Planetas