Rozando nas Tic

Aplicacións multimedia

Glogster (blogue Algunhas aplicacións multimedia)

Póster no que fusionar elementos funcionais (texto, audio, vídeo…) e decorativos. O tamaño está predeterminado e os obxectos audiovisuais aparecen fixados na lousa.

Características

Versión en galego Non. Si en portugués brasileiro.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns
Audio/Vídeo Xeoloc. +Formas
Edición guiada e fácil Si.
Edición compartida Non.
Sincronización secuencial Non.
Opcións de presentación Non.
Conexión constante Si, con menú superior.
Incrustación noutros sitios Si.
Posibilidade de descarga Non.
Sen publicidade Si, agás na navegación polo sitio.

Que usos lle podemos dar?

  • Deseñar tarefas
  • Presentar unha actividade complementaria ou extraescolar (obradoiro, viaxe…)
  • Presentar os resultados de calquera tipo de proxecto ou traballo da aula
  • Recoller as claves dunha produción cultural (libros, películas…)
  • Elaborar unha biografía ilustrada (autor/a, grupo musical…)
  • Realizar guías, presentacións, cartaces de divulgación de eventos ou campañas…
  • Crear apoios ás exposicións orais
  • Recompilar recursos, traballos dixitais realizados… ou facer unha antoloxía
  • Recoller produtos creativos (historias, exposicións…)

Titorial

Vídeo aquí.

Exemplo


Mapvivo (blogue Algunhas aplicacións multimedia)

Que é?

Itinerarios sobre mapa con puntos dos que poder mostrar, nunha ampla marxe, notas explicativas, imaxes e vídeos (estes, externos).

Que características ten?

Versión en galego Non, si en español.
Incorporación de: Texto Imaxe Ligazóns
Audio/Vídeo (só incrustado) Xeoloc.
Edición guiada e fácil Si.
Edición compartida Non.
Sincronización secuencial Non.
Opcións de presentación Non.
Conexión constante Si.
Incrustación noutros sitios Non.
Posibilidade de descarga Non.
Sen publicidade Si.

Que usos lle podemos dar?

  • Ilustrar unha viaxe
  • Deseñar un percorrido en relación cun tema (autor/a, corrente artística, restos históricos, espazos de interese…)
  • Presentar os resultados dun proxecto con recolleita en distintos lugares, con mostras en diferentes espazos xeográficos, con relacións e contrastes entre zonas, etc.

Algúns exemplos

Recorreguts per l’Univers Andorrà

Prezi (adaptación da wikipedia)

Prezi é unha aplicación de presentación en liña e ferramenta narrativa, que emprega un só pano no canto das diapositivas clásicas e separadas. Os textos, imaxes, vídeo ou outros obxectos de presentación son postos nun pano infinito e son presentados de xeito ordenado en marcos presentábeis. O pano permite os usuarios crear unha presentación non lineal na que pode usar un zoom nun mapa visual. Pódese definir un itinerario a través dos obxectos e marcos segundo a orde desexada polo usuario. A presentación final pódese desenvolver nunha ventá do navegador. Así mesmo, pódese descargar o arquivo como pdf.

Prezi emprega un modelo freemium. Os usuarios que usan o Prezi público poden editar e amosar os seus traballos na páxina da aplicación, e quen paga pola versión Enjoy ou unha licenza Prezi Pro poden crear, partillar e  descargar os arquivos. Prezi tamén ofrece unha licenza especial para estudantes e educadores.

Características

  • Creación de textos instantáneos.
  • Plantillas predeterminadas.
  • Insertar arquivos multimedias, como imaxes, vídeo ou outros obxectos.
  • Pódese convidar outros usuarios na edición da presentación.
  • Paso de zooms delicados, limpos e dinámicos.
  • Distribución e ocupación infinita dos obxectos multimedia.

Titoriais

Podemos acceder a un manual da propia empresa aquí (castelán, 16 minutos) ou este vídeo mudo pero lexendado en portugués.

Exemplos

Ramón Rocamonde (IES Mª Soliño), “Literatura Galega no exilio”

Martín Agrelo, “U2”, un alumno da docente que conduce este blogue de tecnoloxía.

  • Aula LGL

  • Aplicacións

  • Recursos

  • Planetas