Rozando nas Tic

Liñas do tempo

TIMERIME

Timerime é unha ferramenta para a creación de liñas do tempo interactivas que permite seleccionar información para organizala por orde cronolóxica dunha maneira intuitiva, sinxela e rápida. Permite integrar textos, imaxes, vídeos, etc. Tras crear períodos temporais, identifícanse nomes, datas, etc. e intégranse textos, audios, imaxes, vídeos, etc. da rede ou do propio ordenador.

Esta aplicación baseada en flash é visualmente moi completa e ofrece até cinco niveis de zoom.

Baseada no concepto de redes sociais, os usuarios poden facer comentarios e embeber as producións en páxinas web.

Titoriais

Dispoñemos deste sinxelo manual en google docs e estoutro en slideshare, ambos en castelán.

Exemplos

Poesía de Posguerra (autoría: furna)

Historia da Lingua Galega. Dpto. de Lingua Galega do IES de Viós (Abegondo)

Biografía de Castelao. Marta Aria López. O Blog de Sociais.

NETreporteiros: o día X de Séchu Sende (autoría: Moreiras)

  • Aula LGL

  • Aplicacións

  • Recursos

  • Planetas